“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


xoves, 16 de xuño de 2016

PLAN PROXECTA:XERMOLÓN"

Este curso varios profesores participamos no Plan Proxecta. Os alumnos de 1º de ESO C realizaron un traballo de investigación-concienciación sobre o consumo de "chuches".








domingo, 13 de marzo de 2016

CIENCIA CON ARTE

Begoña, a profesora de Naturais de 1º B pediulles aos alumnos que fixeran modelos de células. Agúns quedaron moi, pero que moi ben!





sábado, 20 de febreiro de 2016

TRABALLOS DOS ALUMNOS DE 1º DE BAC

Un grupo de alumnos fixéronse eco do Ano Internaciónal da Luz e realizaron esta bonita presentación e un Taller de Lanternas.





Outros alumnos realizaron traballos relacionados coa saúde.






Outros sobre medio ambiente e biodiversidade.













sábado, 3 de xaneiro de 2015

ANIVERSARIO DE CIENCIA GALEGA (GCiencia)

Quen di que a Cultura Pop e a Ciencia non se levan?
O cantante e compositor vigués Nicolás Pastoriza, antigo membro de bandas como La Marabunta ou Ectoplasma, quixo sumarse ao primeiro aniversario desta web galega co regalo da canción, titulada Antimateria. O vídeo, realizado por Luis Montenegro, é unha homenaxe á expedición á Lúa do Apolo 12, a primeria en cor. Nunca tivo a fama do Apolo 11 nin unha película, como o Apolo 13, pero tamén está de aniversario: aconteceu hai exactamente 45 anos.

mércores, 12 de novembro de 2014

HISTORIA DUN COMETA E UNHA SONDA ESPACIAL

Érase un cometa lonxano, chamado  67P/Churyumov-Gerasimenko, cun diámetro de 3x5 quilómetros e situado a 450 millóns de quilómetros de distancia do sol.

Fai 10 anos a nave Rosetta foi lanzada ao espazo. Desde aquela, percorreu máis de 6.200 millóns de quilómetros ata que o pasado mes de setembro entrou na órbita do cometa. Sobre as 9:35 desta mañá, a sonda Philae despredeuse de Rosetta e inciciou a caida sobre o cometa. O encontro tivo lugar ás 17:05, cando o módulo Philae aterrou no cometa. Os datos que proporcione o módulo Philae servirán para aumentar os coñecementos sobre a orixe do Sistema Solar e saber se é certo que os elementos fundamentais para a vida, incluída boa parte da auga, chegaron á Terra a bordo de cometas.

O director de Ciencias Espaciais afirma que Rosetta é a mellor representación do espírito europeo. "Os mellores cerebros do continente unidos nunha misión histórica". 


martes, 7 de outubro de 2014

PREMIOS NOBEL DE CIENCIA 2014

Os descubridores de como se orienta o cerebro gañan o Nobel de Medicina.

John O´Keefe e o matrimonio May Britt Moser e Edward Moser reciben o galardón por descubrir as neuronas que nos axudan a "coñecer onde nos atopamos e a onde queremos ir". 
O Nobel de Física para os inventores das luces azuis LED (diodos emisores de luz).
Permitiron obter fontes de luz brancas e brillantes que aforran enerxía.
Premio Nobel de Química para os pais da nanoscopía. 

Crearon a microscopía de fluorescencia de alta resolución. Esto permite estudar o interior das células a escala nanométrica e avanzar no estudo de enfermidades como o Alzheimer e o Parkinson.

MÁIS INFORMACIÓN:  http://www.nobelprize.org/

luns, 6 de outubro de 2014

COMEZA UN NOVO CURSO SALTÁNDOTE AS ESTATÍSTICAS A RITMO DE ROCK

Benvidos a este novo curso 2014-2015, co desexo de que os avances científicos segan a proporcionarnos vidas máis saudables, duradeiras e doadas, e que todos nós valoremos a aqueles que o fan posible.

Sabíades que a metade da poboación española (fronte ao 27% de media nos países europeos) non coñece o nome de ningún científico?

Os canarios, empeñados en despertar vocacións e alfabetizar científicamente á poboación, acaban de celebrar a segunda edición do FESTIVAL STARMUS, que reúne en Tenerife a científicos de primeira liña para debater sobre ciencia, astronomía, artes e música co desexo de coñecer máis sobre as preguntas que, dende que o home é home, se fai acerca de "onde vimos" ou  "que hai no Universo". 

A estrela do festival foi Stephen Hawking. Tamén participaron, entre outros, o xenetista Richard Dawkins e os astronautas Aldrin e Amstrong e, por suposto, músicos como Rick Wakeman e Brian Mai.

"O fogar da especie humana non ten porque ser só a terra". 

Neil Amstrong. 

Para coñecer máis


mércores, 18 de xuño de 2014

PREPARADOS, LISTOS, XA!!!

Os alumnos do Anxel Fole comezaron a carreira para seren os primeiros en chegar ás vacacións . A meta xa está próxima. 

Foto: As Corcerizas (xuño 2014).

Que gocedes todos dun feliz verán!

(Pero non vos esquezades da Ciencia).


sábado, 14 de xuño de 2014

" O SÉTIMO CONTINENTE"

Un continente, do tamaño equivalente a 3 Penínsulas Ibéricas, pero feito de .....LIXO!!!

Infórmate:

 

 E agora pensa que algún deses plásticos pode ser teu. Todos somos responsables desa gran cantidade de lixo que inunda os océanos. 

Que podes facer tí para que ese desastre non vaia a máis?

  • Consume so o que necesites.

  • Non rexeites o que todavía está en bo uso, comparte e reutiliza.

  • Recicla. Bota sempre o lixo no colector correspondente.

"ÚLTIMAS NOTICIAS"

As alumnas de 1º de bac C Xenma Ares Mouronte, Alba Fernández Moreira e María Méndez Otero, fixeron as súas pesquisas e conseguiron dar  resposta á pregunta sobre a aliñación da Selección Española de Ciencia publicada o pasado 30 de maio. Velaí o que indagaron:

Nos xa temos a aliñación para xogar no Mundial 2014.
O Ánxel Fole ten clara a súa aliñación para xogar este Mundial 2014, a Selección Española de Ciencia xa se está a adestrar para gañar por goleada ao cancro, á contaminación, ao envellecemento, á falta de recursos enerxéticos, aos enigmas do pasado e aos retos do futuro.
Esta vez decidímonos por xogar cun 4-3-3, e no equipo titular contaremos con:
  • Margarita Salas, na portería. Nada o 30 de novembro do 1938. Bioquímica do CSIC. Membro da Academia Nacional de Ciencias de EE UU.
  • Juan Luis Arsuaga como lateral esquerdo. Nado no ano 1954 en Madrid. Catedrático de Paleontoloxía e codirector do xacemento de Atapuerca.
  • María Blasco de central. Nace en Alicante no ano 1965. Directora do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO)
  • Juan Ignacio Cirac acompañando a María Blasco como central (11 de outubro de 1965). Director da División Teórica do Instituto Max Plank
  • Valentín Fuster de lateral dereito. Nado en Barcelona no ano 1943. Director do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III
  • Pere Puigdomènech de interior esquerdo. Da mesma cidade que o seu compañeiro Valentín Fuster, onde nace cinco anos despois. Profesor de Investigación do CSIC.  (Center for Research in Agricultural Genomics)
  • José Luis Sanz como medio centro. Nado o 4 de agosto do 1975. Paleontólogo descubridor de oito novos xéneros de dinosaurios.
  • O portugués Carlos Duarte (Lisboa, 27 de julio de 1960) estará de interior dereito. Biólogo Mariño do CSIC e director da Expedición Malaspina 2010.
  • Celia Sánchez Ramos de estremo esquerdo. Nada en Zaragoza no ano 1959. Investigadora da Universidade Complutense de Madrid. Gran Premio Internacional de Invencións de Xenebra.
  • Avelino Corma (Castellón, 15 de decembro do 1951) de dianteiro centro. Químico del CSIC. Membro da Royal Society do Reino Unido.
  • Pedro Etxenique como estremo dereito. Nace en Navarra no ano 1950, o 8 de xuño. Físico do CSIC. Premio Max Planck e premio Príncipe de Asturias.
No banquillo teremos:
  • Ó catalán Joan Massagué, porteiro. (Barcelona, 30 de abril de 1953). Bioquímico especialista en cáncer. Premio Príncipe de Asturias
  • A Juan Carlos Izpisúa, medio centro. Nado en Albacete no 1960. Bioquímico, farmacéutico e profesor do Salk Institute de California


luns, 9 de xuño de 2014

INFÓRMATE E.... OPINA

El Gobierno censura un informe del InstitutoGeológico y Minero sobre el fracking

La posible radiactividad de aguas del entorno y el riesgo de terremotos son algunos de los peligros que supone esta técnica.

La Dirección General de Calidad, Evaluación Ambiental y Medio Natural del Ministerio de Medio Ambiente pidió al instituto un informe que en la práctica es una guía en la que se enumeran los riesgos de esta técnica y se establecen las precauciones. Sin embargo, el resultado no ha gustado al ministerio que ha devuelto el informe técnico y ha pedido que se dulcifique. El Partido Castellano pedirá este lunes responsabilidades y ofrecerá detalles de todo el proceso.
El informe, al que ha tenido acceso la Cadena SER, enumera entre los riesgos del fracking la contaminación de acuíferos subterráneos y en superficie, el elevado consumo de agua para la fracturación, la posible radiactividad de aguas del entorno, y riesgo de terremotos y contaminación atmosférica, especialmente por la emisión de gas metano.LER MÁIS



O Papa Francisco posaba así en novembro de 2013. 
Está a preparar unha Encíclica sobre o medio ambiente.

martes, 3 de xuño de 2014

5 DE XUÑO "DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE"



Un día para tomar conciencia de que o coidado da Terra é responsabilidade de todos.


A pequena illa caribeña de Barbados foi elixida este ano pola ONU como pais anfitrión do Día Mundial do 

Medio Ambiente, para chamar así a atención sobre os retos que enfrontan este e outros pequenos estados insulares no desenvolvemento ante o cambio climático. Illas como esta son verdadeiros paraísos que poderían desaparecer. 

RTVE únese a esta celebración coa posta en marcha da campaña "Os pequenos xestos son poderosos", que insiste na relevancia das accións individuais diarias. Tamén emite interesantes