“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


sábado, 3 de xaneiro de 2015

ANIVERSARIO DE CIENCIA GALEGA (GCiencia)

Quen di que a Cultura Pop e a Ciencia non se levan?
O cantante e compositor vigués Nicolás Pastoriza, antigo membro de bandas como La Marabunta ou Ectoplasma, quixo sumarse ao primeiro aniversario desta web galega co regalo da canción, titulada Antimateria. O vídeo, realizado por Luis Montenegro, é unha homenaxe á expedición á Lúa do Apolo 12, a primeria en cor. Nunca tivo a fama do Apolo 11 nin unha película, como o Apolo 13, pero tamén está de aniversario: aconteceu hai exactamente 45 anos.