“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


sábado, 14 de xuño de 2014

"ÚLTIMAS NOTICIAS"

As alumnas de 1º de bac C Xenma Ares Mouronte, Alba Fernández Moreira e María Méndez Otero, fixeron as súas pesquisas e conseguiron dar  resposta á pregunta sobre a aliñación da Selección Española de Ciencia publicada o pasado 30 de maio. Velaí o que indagaron:

Nos xa temos a aliñación para xogar no Mundial 2014.
O Ánxel Fole ten clara a súa aliñación para xogar este Mundial 2014, a Selección Española de Ciencia xa se está a adestrar para gañar por goleada ao cancro, á contaminación, ao envellecemento, á falta de recursos enerxéticos, aos enigmas do pasado e aos retos do futuro.
Esta vez decidímonos por xogar cun 4-3-3, e no equipo titular contaremos con:
  • Margarita Salas, na portería. Nada o 30 de novembro do 1938. Bioquímica do CSIC. Membro da Academia Nacional de Ciencias de EE UU.
  • Juan Luis Arsuaga como lateral esquerdo. Nado no ano 1954 en Madrid. Catedrático de Paleontoloxía e codirector do xacemento de Atapuerca.
  • María Blasco de central. Nace en Alicante no ano 1965. Directora do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO)
  • Juan Ignacio Cirac acompañando a María Blasco como central (11 de outubro de 1965). Director da División Teórica do Instituto Max Plank
  • Valentín Fuster de lateral dereito. Nado en Barcelona no ano 1943. Director do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III
  • Pere Puigdomènech de interior esquerdo. Da mesma cidade que o seu compañeiro Valentín Fuster, onde nace cinco anos despois. Profesor de Investigación do CSIC.  (Center for Research in Agricultural Genomics)
  • José Luis Sanz como medio centro. Nado o 4 de agosto do 1975. Paleontólogo descubridor de oito novos xéneros de dinosaurios.
  • O portugués Carlos Duarte (Lisboa, 27 de julio de 1960) estará de interior dereito. Biólogo Mariño do CSIC e director da Expedición Malaspina 2010.
  • Celia Sánchez Ramos de estremo esquerdo. Nada en Zaragoza no ano 1959. Investigadora da Universidade Complutense de Madrid. Gran Premio Internacional de Invencións de Xenebra.
  • Avelino Corma (Castellón, 15 de decembro do 1951) de dianteiro centro. Químico del CSIC. Membro da Royal Society do Reino Unido.
  • Pedro Etxenique como estremo dereito. Nace en Navarra no ano 1950, o 8 de xuño. Físico do CSIC. Premio Max Planck e premio Príncipe de Asturias.
No banquillo teremos:
  • Ó catalán Joan Massagué, porteiro. (Barcelona, 30 de abril de 1953). Bioquímico especialista en cáncer. Premio Príncipe de Asturias
  • A Juan Carlos Izpisúa, medio centro. Nado en Albacete no 1960. Bioquímico, farmacéutico e profesor do Salk Institute de California