“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


luns, 6 de outubro de 2014

COMEZA UN NOVO CURSO SALTÁNDOTE AS ESTATÍSTICAS A RITMO DE ROCK

Benvidos a este novo curso 2014-2015, co desexo de que os avances científicos segan a proporcionarnos vidas máis saudables, duradeiras e doadas, e que todos nós valoremos a aqueles que o fan posible.

Sabíades que a metade da poboación española (fronte ao 27% de media nos países europeos) non coñece o nome de ningún científico?

Os canarios, empeñados en despertar vocacións e alfabetizar científicamente á poboación, acaban de celebrar a segunda edición do FESTIVAL STARMUS, que reúne en Tenerife a científicos de primeira liña para debater sobre ciencia, astronomía, artes e música co desexo de coñecer máis sobre as preguntas que, dende que o home é home, se fai acerca de "onde vimos" ou  "que hai no Universo". 

A estrela do festival foi Stephen Hawking. Tamén participaron, entre outros, o xenetista Richard Dawkins e os astronautas Aldrin e Amstrong e, por suposto, músicos como Rick Wakeman e Brian Mai.

"O fogar da especie humana non ten porque ser só a terra". 

Neil Amstrong. 

Para coñecer máis