“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


mércores, 12 de novembro de 2014

HISTORIA DUN COMETA E UNHA SONDA ESPACIAL

Érase un cometa lonxano, chamado  67P/Churyumov-Gerasimenko, cun diámetro de 3x5 quilómetros e situado a 450 millóns de quilómetros de distancia do sol.

Fai 10 anos a nave Rosetta foi lanzada ao espazo. Desde aquela, percorreu máis de 6.200 millóns de quilómetros ata que o pasado mes de setembro entrou na órbita do cometa. Sobre as 9:35 desta mañá, a sonda Philae despredeuse de Rosetta e inciciou a caida sobre o cometa. O encontro tivo lugar ás 17:05, cando o módulo Philae aterrou no cometa. Os datos que proporcione o módulo Philae servirán para aumentar os coñecementos sobre a orixe do Sistema Solar e saber se é certo que os elementos fundamentais para a vida, incluída boa parte da auga, chegaron á Terra a bordo de cometas.

O director de Ciencias Espaciais afirma que Rosetta é a mellor representación do espírito europeo. "Os mellores cerebros do continente unidos nunha misión histórica".