“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


martes, 7 de outubro de 2014

PREMIOS NOBEL DE CIENCIA 2014

Os descubridores de como se orienta o cerebro gañan o Nobel de Medicina.

John O´Keefe e o matrimonio May Britt Moser e Edward Moser reciben o galardón por descubrir as neuronas que nos axudan a "coñecer onde nos atopamos e a onde queremos ir". 
O Nobel de Física para os inventores das luces azuis LED (diodos emisores de luz).
Permitiron obter fontes de luz brancas e brillantes que aforran enerxía.
Premio Nobel de Química para os pais da nanoscopía. 

Crearon a microscopía de fluorescencia de alta resolución. Esto permite estudar o interior das células a escala nanométrica e avanzar no estudo de enfermidades como o Alzheimer e o Parkinson.

MÁIS INFORMACIÓN:  http://www.nobelprize.org/