“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


Amosando publicacións coa etiqueta PÁXINA PRINCIPAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PÁXINA PRINCIPAL. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de decembro de 2012

RITA LEVI MONTALCINI

"O corpo fai o que quere, eu non son o meu corpo: 
son a miña mente."

Estas palabras son da neurobióloga italiana Rita Levi-Montalcini, falecida hoxe aos 103 anos. 

Naceu en Turín o 22 de abril de 1909 no seo dunha familia xudea. Doutorouse en Medicina por la Universidade de Turín en 1936, onde traballou ata 1939.
Ao comenzo da II Guerra Mundial e por mor das ameazas de persecución antisemitas trasladouse a Bruxelas, onde colaborou no Instituto Neurolóxico durante un ano. En 1940,  trala entrada das tropas de Hitler en Bélxica, voltou a Italia e organizou na súa casa un pequeno laboratorio de neuroembrioloxia experimental. Posteriormente trasladouse a EEUU e non regresou a Italia ata 1976.
En 1986 outorgáronlle o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina como recoñecemento ás súas investigacións sobre o crecemento das células neurolóxicas. Os seus descubrementos foron básicos para comezar os estudos sobre enfermidades dexenerativas como o Alzheimer ou a esclerosis lateral amiotrófica (ELA). Foi defensora a ultranza da igualdade de sexos.
A continuación podes ler unha entrevista que lle realizaron cando ía cumplir os 100 anos.


venres, 14 de decembro de 2012

O DÍA DESPOIS...

Para os Maias o  21 de decembro de 2012 marcaría o fin  do mundo ou da nosa civilización, ou da nosa cultura. Científicos da NASA (http://www.nasa.gov) parecen estar moi seguros de que iso non ocorrerá e prepararon este video. Se o estás vendo é unha boa sinal.