“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


domingo, 30 de decembro de 2012

RITA LEVI MONTALCINI

"O corpo fai o que quere, eu non son o meu corpo: 
son a miña mente."

Estas palabras son da neurobióloga italiana Rita Levi-Montalcini, falecida hoxe aos 103 anos. 

Naceu en Turín o 22 de abril de 1909 no seo dunha familia xudea. Doutorouse en Medicina por la Universidade de Turín en 1936, onde traballou ata 1939.
Ao comenzo da II Guerra Mundial e por mor das ameazas de persecución antisemitas trasladouse a Bruxelas, onde colaborou no Instituto Neurolóxico durante un ano. En 1940,  trala entrada das tropas de Hitler en Bélxica, voltou a Italia e organizou na súa casa un pequeno laboratorio de neuroembrioloxia experimental. Posteriormente trasladouse a EEUU e non regresou a Italia ata 1976.
En 1986 outorgáronlle o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina como recoñecemento ás súas investigacións sobre o crecemento das células neurolóxicas. Os seus descubrementos foron básicos para comezar os estudos sobre enfermidades dexenerativas como o Alzheimer ou a esclerosis lateral amiotrófica (ELA). Foi defensora a ultranza da igualdade de sexos.
A continuación podes ler unha entrevista que lle realizaron cando ía cumplir os 100 anos.