“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


xoves, 26 de setembro de 2013

CIENCIA E MÉTODO CIENTÍFICO


        A CIENCIA é o coñecemento que produce leis xerais a partir da observación e realización de experimentos que poden reproducírense con exatitude en calquera momento e lugar, e que poden utilizarse para predicir acontecementos. Estas leis xerais non son produto de usos culturais ou ideoloxías, senon resultado da experimentación.
Todas as ciencias caracterízanse por empregar un método común para chegar á mellor aproximación que o ser humano pode realizar sobre como funciona o mundo: o MÉTODO CIENTÍFICO.