“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


domingo, 6 de xaneiro de 2013

¿DEREITOS HUMANOS?

O pasado 15 de decembro, o Día Internacional dos Dereitos Humanos, dedicouse especialmente aos Awá, a tribu máis ameazada do planeta. Viven na selva brasileña en perfecta harmonía coa natureza e a súa supervivencia está en perigo por mor das industrias madereiras e as explotacións de minerais. Resulta difícil de comprender que algúns pobos indíxenas nin siquera gozan das medidas de protección das que gozan outras especies de seres vivos.                                                                                                    Teño claro que si o noso modo de vida, altamente tecnolóxico, estivese en perigo, eles serían os que terían máis posibilidades de sobrevivir. A variabilidade de individuos dentro dunha mesma especie é o que garante a supervivencia desa especie. Respectemos as diferentes culturas e modos de vida de todos os seres humanos.

Para saber máis: http://www.survival.es/awa