“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


xoves, 29 de maio de 2014

LEMBRANDO A RACHEL L. CARSON 

(107 ANIVERSARIO DE SEU NACEMENTO)


«É algo san e necesario volver a vista cara á terra e, contemplando as súas belezas, recoñecer o abraio e a humildade».

Rachel L. Carson (1907-1964)

Os descubrimentos científicos e tecnolóxicos de mediados do século XX xeraron unha nova sociedade de consumidores embriagados có poder da gratificación instantánea. Cegadas pola idea dunha vida cada vez máis doada, moitas persoas non viron os efectos negativos que o seu modo de vida causaba sobre a terra e que, incluso, afectaría ás xeracións futuras.
Quizais a primeira que chamou a atención sobre os problemas ambientais foi a bióloga e escritora estadounidense Rachel Carson. En 1962 publicou o libro “Primavera silenciosa” no que sinalaba os efectos nocivos dos pesticidas, entre eles o temido DDT. Aínda que a industria química burlouse dela, o seu libro tivo un apoio popular tan grande que, dez anos despois da súa publicación, o Goberno Estadounidense prohibiu o DDT e creou a Axencia de Protección Ambiental, a cal desenvolveu diversas normas, tales como as Leis da Auga e o Aire Limpos.
A súa obra foi claramente decisiva na creación dun mundo máis consciente do medio ambiente, constituíndo a inspiración e punto de partida para os primeiros movementos ecoloxistas.