“As ideas non duran moito, hai que facer algo con elas.” S. RAMÓN Y CAJAL (1854-1934)


mércores, 14 de maio de 2014

1º BAC nas Corcerizas


Este pasado xoves 8 fumos de visita ao Centro de Educación medioambiental das Corcerizas o alumnado de 1º BAC.
Despois de varias horas de viaxe dende Lugo estabamos no medio da Montaña Ourensá, serra de San Mamede, nas curvas que parece que te van a deixar caer...


Se podes visionar este video verás:
-O grupo de gañadores do concurso final
-Baterias conectadas entre si para acumular a enerxía resultante das múltiples fontes renovables
-Unha depuradora de augas feita con plantas
-Canta enerxía está xerando o aeroxerador nese momento.
-Varios xenios das ciencias en entorno natural
-Vacas
-Pipas para paxaros

-Unha cociña solar e unha sombra de paxaros para que non choquen os paxaros.
-Un composteiro que parece un obús.
-Unha charla sobre os alimentos que fan Kilómetros de máis. (Faremos unha entrrada solo de eso)
...

Todo elo grazas a unha interesante labor de divulgación que realiza a ONG Amigos da Terra (pertencente a Friends of Earth International)